[ versión en castellano ]
Esta páxina está aloxada na web-wiki xeral de Monedas Complementarias
A vía para CONTACTAR coa REDE DE TROCO é: redetrococorunha(arroba)gmail(punto)com
Grupo en facebook
Vídeo-entrevista na Casa das Atochas con motivo da "2ª Xornada de Troco Multilateral" (abril 2008, 4min.)
Índice:
Introdución
A "Rede de Troco da Coruña" comeza a funcionar en decembro de 2007, trala celebración da "1ª Xornada de Troco Multilateral". Trátase dunha iniciativa en construción permanente. Visita estoutra páxina para ver polo miúdo o deseño e os primeiros pasos desta iniciativa.
Funcionamento
Esta rede de troco multilateral a pequena escala é unha ferramenta que permite intercambiar calquera cousa ou servizo entre os seus integrantes, así como facilitar cesións ou préstamos. A incorporación dunha moeda complementaria propia permite que os intercambios poidan ser multilaterais (de calquera a calquera persoa nunha soa dirección) e non só recíprocos (entre dúas persoas que dan e reciben á vez).
Entre as súas vantaxes destacan aspectos sociais (coñecer xente con afinidades, establecer vínculos entre as persoas, crear unha pequena comunidade...), aspectos ecolóxicos (reducir o consumo, pensar en pedir algo á Rede antes de mercalo, reutilización de obxectos...) e aspectos económicos (contribuír a vivir mellor con menos cartos "oficiais"...).
Pautas de funcionamento e características
- Independente e autónoma: sen vinculación a institución nin entidade algunha.
-
Autoxestionada: os membros deciden o funcionamento da Rede (os puntos máis importantes a ser posible por consenso).
-
Confianza mutua como base para fomentar os trocos.
-
A Rede actúa de intermediaria entre os seus membros. Os trocos realízanse baixo a responsabilidade dos seus integrantes.
-
A Rede está aberta a novos membros, coa conveniencia de asistir a algunha das actividades abertas convocadas periodicamente. Como por exemplo: xornadas divulgativas, xuntanzas-quedadas internas, excursións-visitas-actividades grupais que xurdan da Rede, colaboración na organización do posto no Soho, etc.
- O "patacón" é a moeda propia ou complementaria da Rede. Establécense as seguintes equivalencias orientativas:
- 1 hora = 10 "patacóns" (para servizos cuantificables en tempo)
- 1 € = 1 "patacón" (para obxectos cuantificables en euros)
- Cada membro adquire os seguintes compromisos ante os demais membros da Rede:
- comunicar os intercambios efectuados (anotándoos na táboa)
- anotar os patacóns obtidos e gastados
- en caso de desvincularse da Rede, deixar o seu saldo persoal igual ou superior a "0" (para evitar sensacións de "aproveitamento interesado")
-
O tempo empregado nas tarefas imprescindibles para o funcionamento da Rede compénsase con saldo positivo para as personas que as leven a cabo. Exemplos: xestión da conta de correo-e, mantemento da táboa, etc. Para outras actividades habería que solicitar a compensación determinada e veríase cada caso concreto.
- A actividade principal é a propia Rede (é dicir, os intercambios entre os seus membros). As actividades que xurdan ao redor dela, terán a súa autonomía, respectando as pautas xerais de funcionamento da Rede.
- Maio´08: modificacións na contabilidade para promover o movemento e a valoración dos patacóns por riba dos saldos persoais. Queda nun 2º lugar, se ben segue valendo de referencia, manter o seu saldo persoal entre "+100" e "-50" patacóns de saldo persoal. Teranse en conta excepcións puntuais.
Aprobado na quedada de Nadal (28-12-07)
Revisado nas xuntanzas "Quen somos, de onde vimos, a onde imos" (maio´08)
Posibilidades de intercambios (exemplos de como levar o movemento de patacóns)
1. Pili recibe de Segismundo unha clase de informática durante 1 hora. Pili anotaríase “10 patacóns gastados" e Segismundo “10 patacóns obtidos".
2. Darío vai ir de excursión polo monte cos seus colegas e avisa a Krista, que na táboa pide apuntarse a rutas por Galiza. Non se consideraría un intercambio cuantificable en patacóns, polo que non variarían os seus saldos. Anotaríase no historial de trocos da táboa para que quedase constancia.
3. Montserrat consegue un local onde gardar a bici grazas a Darío. Faríase o mesmo que no exemplo anterior. Se Darío tivese que desplazarse para ensinarlle ese local ou pasarlle unha chave, podería contabilizarse o tempo invertido e anotarse cada un/ha os patacóns correspondentes.
4. Mayte dá unha clase de cerámica (1 hora) a Marcelino e Ramona ao mesmo tempo. Mayte anotaríase “10 patacóns obtidos" por esa hora. Marcelino e Ramona repartiríanse a hora recibida e anotaríanse “5 patacóns gastados" cada un/ha.
5. Ramona vai co seu coche a realizar un transporte para Mayte durante 1 hora. Á parte de anotarse “10 patacóns obtidos” e “10 patacóns gastados" respectivamente, quedarían dacordo entre elas en que Mayte se faría cargo de “x” euros por km. en concepto de gastos (gasolina + mantemento do coche).
6. Pili quere facerlle un agasallo a un amigo. Como Krista ofrece masaxes, Pili pídelle unha masaxe de 1 hora para o seu amigo. Krista anotaríase “10 patacóns obtidos" e Pili asumiría os “10 patacóns gastados" que na práctica disfrutaría o seu amigo.
7. Darío e Verónica realizan un troco recíproco. El ensínalle inglés a cambio de que ela lle asesore sobre técnicas de pintura. Como é recíproco, o dado e o recibido é igual, co que os seus saldos non varían, aínda que si o fai o seu movemento de patacóns. Anotaríanse igualmente os patacóns obtidos e gastados, e os intercambios realizados no historial de trocos.
Funcionamento da táboa en liña
Funcionamos a través dunha táboa en liña creada cunha ferramenta-web, que serve para a comunicación entre os membros, ter a lista de ofertas e demandas, levar a contabilidade individual e grupal, etc. Accédese cun contrasinal facilitado aos membros. Neste enlace pódese ver a versión pública da táboa real, a modo de exemplo. Aquí explícase como funcionan estas táboas.
Eventos realizados
Coa participación ou organización da Rede de Troco da Coruña.
Mercadiño de Troco e Troquiño no SOHO (2008)
Mercado das Artes Aplicadas da rúa Orzán (A Coruña, 1º sábado de cada mes)
Esta actividade realizouse mensualmente entre maio e finais de 2008.
Recollíanse os obxetos que se querían intercambiar (roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía...) durante a mañá e a tarde a cambio dun número. Ao final da mañá e da tarde realizábase un sorteo da orde en que cada persoa seleccionaba o que se quería levar.
Ademais, había unha sección especial para @s máis peques: o TROQUIÑO.
Este punto de troco e cesión xurdiu co propósito de crear un espazo ecolóxico e tradicional de intercambio e cesión voluntaria de bens.
II Xornadas da Reserva da Biosfera "Área de Allariz" (Allariz, novembro'08)
Participación na mesa redonda "Compartir os recursos, Reducir o consumo: Experiencias galegas de sistemas de intercambio"
Ver programa e foto
II Xornada de Troco Multilateral (A Coruña, abril'08)
Lugar: Laboratorio Social Okupado (posteriormente Casa das Atochas)
Programa (horarios aproximados):
11:30-12:00 Recepción-Acollida
12:00-12:15 Presentación
12:15-12:30 Xogo-Dinámica
12:30-13:00 Mercadiño de troco de obxectos
13:00-13:30 Simulacro de intercambio de servizos: coñecementos, habilidades, coidados...
13:30-13:45 Reflexións sobre os sistemas anteriores
13:45-14:00 Xogo-Dinámica
14:00-15:30 Comida
15:45-16:30 Vídeo “A dobre cara da moeda”
16:30-16:45 Presentación experiencia pioneira na Coruña: Banco de Tempo de Monelos
16:45-17:00 Presentación dunha iniciativa actual: Rede de Troco da Coruña
17:00-17:30 Simulacro de rede de troco
17:30-17:45 Avaliación da xornada
17:45-18:30 Choiva de ideas-Coloquio (próximos pasos) + Mercadiño de troco
Entrevista que nos fixeron @s compas de GZ Contrainfo con motivo desta xornada (4min.):
IV Xornadas de Economía Alternativa e III Conferencia de Moedas Complementarias (Lugo, marzo'08)
Ver programa, reseña da Cova da Terra, artigo na prensa e reseña dunha activista participante.
Xornadas "Creando Economías Sostibles" (A Coruña, febreiro'08)
Un total dunhas 40 persoas distintas acudiron aos dous eventos (unhas 30 o xoves e unhas 20 o venres). Stefania-Stella falounos da súa "Experiencia práctica da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo de Londres". Trala charla, proxectouse o documental "A dobre cara da moeda".
Repercusión nos medios
Escolma de artigos relacionados coa Rede de Troco ou outras experiencias a nivel galego.
"Una jornada de economía alternativa reunió a expertos de toda España" e "Una hora vale lo mismo en cualquier actividad" (reseñas da Xornada de Economía Alternativa - Lugo; xs nosxs "expertxs" acaparando a foto unha vez máis... jeje) - La Voz de Galicia, 2 mar´08
"El patacón reemplaza al euro en las redes de trueque gallegas" (panorama galego de moedas complementarias autoxestionadas; con foto de 2 dxs nosxs troquistas)- La Voz de Galicia, 16 feb´08
"Los bancos de tiempo «ocupan» ya a un centenar de personas en Galicia" (bancos de tempo institucionais) - La Voz de Galicia, 14 xan´08
"Una economía de mecanismo manual" (reseña previa á xornada impulsora da Rede de Troco) - El Ideal Gallego, 6 nov´07
Varios
"Principio do baleiro" (Joseph Newton)
Tes o hábito de xuntar obxectos inútiles, crendo que un día (quen sabe cando) vas necesitalos?
Tes o hábito de gardar roupa, zapatos, mobles, utensilios domésticos e outras cousas do fogar que xa non usas desde fai moito tempo?
E dentro de ti...? Tes o hábito de gardar rifas, resentimentos, tristezas, medos e demais?
Non fagas iso! Vai contra a túa prosperidade!
É preciso que deixes un espazo, un baleiro, para que cousas novas cheguen á túa vida.
É preciso que te desfagas de todo o inútil que hai en ti e na túa vida, para que a prosperidade chegue.
A forza dese baleiro é o que absorberá e atraerá todo o que desexas.
Mentres esteas, material ou emocionalmente, cargando sentimentos vellos e inútiles, non terás espazo para novas oportunidades.
Os bens necesitan circular... Limpa os caixóns, os armarios, o cuarto de trebellos, o garaxe... Dá o que xa non uses...
A actitude de gardar unha chea de cousas inútiles encadea a túa vida.
Non son os obxectos gardados os que estancan a túa vida... senón o significado da actitude de gardar...
Cando se garda, considérase a posibilidade de falta, de carencia... crese que mañá poderá faltar, e que non terás xeito de cubrir esas necesidades...
Con esa idea, estaslle enviando dúas mensaxes ao teu cerebro e á túa vida: que non confías no mañá... e que pensas que o novo e o mellor NON son para ti, por iso alédaste gardando cousas vellas e inútiles.
Desfaite do que xa perdeu a cor e o brillo... deixa entrar o novo á túa casa... e dentro de ti mesm@.
Debuxo "Círculo de troco"
círculo troco.gif
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.